Pepo Suevos estréase nas Noites de Retranca
O cómico ferrolán comparte cartel con Luis Zahera e Javier Varela nunha nova edición deste espectáculo de humor que pasará por A Coruña, Pontevedra e Vigo no mes de xaneiro. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla.
O Teatro Colón da Coruña e os teatros Afundación de Vigo e Pontevedra acollerán os días 9, 15 e 16 de xaneiro respectivamente as primeiras Noites de Retranca de Pepo Suevos. Con máis dun milleiro de monólogos ás súas costas, o humoristas ferrolán non participara aínda nun dos espectáculos de comedia en directo mellor valorados de cantos teñen lugar nos teatros e auditorios das cidades galegas, e será no inicio de 2016 cando os espectadores poderán gozar cos seus monólogos.
Estará acompañado no escenario por Luis Zahera e Javier Varela, conformando así un sensacional trío cómico co que as risas están aseguradas. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla con prezos desde 8 euros.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


