Curtis & Teixeiro, de xira por Galicia
Levarán as súas investigacións máis sorprendentes a algúns dos teatros máis importantes de diferentes localidades galegas. As entradas (10 euros anticipada, 12 euros na taquilla) estarán á venda a partir da próxima semana tanto a través de internet como en distintos establecementos.

Non o podes perder! Trátase dunha conferencia na que os expertos investigadores Curtis & Teixeiro desvelarán as claves do terrorismo internacional, o programa secreto sexual dos partidos políticos, as gravacións secretas de Tejero horas antes do golpe de estado do 23F e, se dá tempo, tamén contarán a verdadeira historia de Noé.
A Illa de Arousa será a primeira parada de Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez nunha ruta coa que percorrerán media Galicia. O auditorio da localidade pontevedresa abrirá a xira o venres 15 de xaneiro. Dous días despois, visitarán Baiona, e xa a semana estarán en A Coruña, Sarria e Melide. Na última semana do mes, Lalín, O Barco, Cedeira e Noia pecharán a serie de conferencias destes curiosos investigadores.
A venda das entradas (10 € na modalidade anticipada e 12 € na taquilla) está xa activa na web de Ainé (agás para A Coruña e Noia), e desde a próxima semana en diferentes puntos de venda físicos por todo o país.
Se eras admirador de Mortadelo e Filemón, se seguías a Starsky e Hutch, ou se che pareceron interesantes os detectives de La Isla Mínima ou True Detective, aínda non viches nada ata que escoites as investigacións de Curtis & Teixeiro.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.
‘Amoriños’ chega a Cee e Vigo con cheos absolutos e suma novas funcións en Pontevedra e A Coruña
A xira de ‘Amoriños’, continúa esta fin de semana en Cee e Vigo, con case todas as entradas esgotadas. O espectáculo amplía ademais o seu percorrido con novas datas en Pontevedra e unha quinta función no peche da Coruña.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’, unha das grandes apostas do EMHU 2026
O humorista participa no espectáculo colectivo xunto a outros grandes nomes da comedia estatal, unha estrea absoluta no marco do encontro que xa colgou o cartel de entradas esgotadas para as súas dúas funcións en Palexco.


