Portada » Espectáculos »

A chispa máxica
Manuel Vicente · César Goldi · Juanjo Fernández
SINOPSE
Un pianista, un actor e un comunicador da ciencia súbense ao escenario para contar (e cantar) a historia dun pioneiro, dun home que vivía no futuro. Porque o mundo mudou cando a noite foi barrida da terra.
A Chispa Máxica estreouse en 2023 no Teatro Zorrilla de Valladolid no evento Naukas Valladolid. Este espectáculo concibiuse como unha sorte de “piano-bar” onde conflúen a comedia stand-up, o teatro e a música. É unha creación a 6 mans de Manuel Vicente, o director de Efervesciencia na Radio Galega, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández.
A partir das fontes históricas orixinais recrease o acontecido o 2 de abril de 1851 no claustro da Universidade de Santiago de Compostela: a primeira demostración de luz eléctrica en España. Este feito histórico realizouno o investigador galego Antonio Casares empregando un arco voltaico. No espectáculo evócase este fito facendo funcionar un arco voltaico orixinal do ano 1890. A colaboración da Fundación Fernando Blanco de Cee permite o uso desta peza histórica.
A Chispa Máxica é unha comedia científica ideal para representar tanto en eventos culturais como xornadas de divulgación científica, encontros educativos…
DOCUMENTACIÓN
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
HISTÓRICO DE ACTUACIÓNS
| Data | Localidade | Lugar |
|---|---|---|
| 13 Mar 2025 | Ourense | Auditorio Municipal |


