Xosé A. Touriñán

PRÓXIMAS DATAS:

Xosé A. Touriñán

Actor, presentador, produtor e director, Touriñán conta con máis de 20 de anos de experiencia no audiovisual e no teatro.

O seus inicios no mundo da actuación remóntanse a 2002 con ‘Os dous de sempre’, dúo cómico formado xunto a Marcos Pereiro. En 2005 comeza a súa carreira na TVG, onde coas ‘Cantareiras de Ardebullo’ no programa Luar consegue grande éxito de público. Desde entón, Touriñán convértese nun dos humoristas más recoñecidos de Galicia, protagonizando diversas series e programas de televisión. Nos últimos anos consolidou tamén a súa presenza na ficción estatal con papeis nas tres tempadas de Clanes e noutras producións como Ágata y Lola e Lobo.

Destaca a súa faceta sobre os escenarios, representando monólogos e obras de teatro. Colleita un enorme éxito xunto a Carlos Blanco con Somos Criminais (2018 – 2025) e cos espectáculos teatrais Fariña (2019), Recortes, caneos e outras formas de driblar (2022) e Corentena (2023), esta última xunto a David Perdomo. No ano 2022 debuta na dirección cinematográfica coa curtametraxe Nena, un proxecto que reune máis de 50 seleccións en festivais. No 2024 pon o peche ao proxecto Somos Criminais coa súa última entrega: Somos Criminais e punto final, que conseguiu reunir a máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea.

Durante 2026 protagonizou, xunto a David Perdomo, a xira de Amoriños, un espectáculo sobre o amor que pechou a súa tempada de primavera tras 44 funcións e máis de 35.000 espectadores. Paralelamente, continuou levando o seu monólogo máis persoal por diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia e participou en destacadas citas da programación cultural, como o Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), Mentes Peligrosas e outros proxectos escénicos.

Ademais, compaxina a súa actividade artística coa organización da décimo primeira edición do festival Castelo Conta, co obxectivo de seguir demostrando que a mellor programación cultural tamén ten o seu lugar no rural.

Actualmente, Touriñán combina a xira de Moi Animal, o seu novo monólogo en solitario, coa súa faceta televisiva en Millonarios e Moito Chiste, dous formatos que amosan distintas vertentes do seu traballo como humorista e presentador.

Unha traxectoria que o consolida como un dos grandes referentes do humor galego, grazas á súa versatilidade, á capacidade para conectar con públicos moi diversos e ao vínculo directo e sostido que constrúe co público función tras función.

PRÓXIMAS DATAS:

DESTACADOS

Moi Animal

moianimal.gal

Touriñán volve aos escenarios cun monólogo sobre a nosa peculiar relación cos animais e as contradicións da especie humana. Humor e retranca nun espectáculo que fala dos animais para acabar poñéndonos diante do espello.

Amoriños

amorinos.info

Perdomo e Touriñán volven coa súa parella máis perigosa: o amor. Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.

FOTOS

Touri posa ante os medios gráficos na preestrea de 'Amigos hasta la muerte' en Ourense
Touriñán e César Goldi nunha escena de 'Fariña'
Touriñán na obra de teatro 'Fariña'
Cesar Goldi e Touriñán en 'Fariña'
Touriñán na estrea de 'Recortes'
Touriñán nunha gravación
Touriñán en 'Aquí Tou!'
Touriñán na gravación de 'Aquí Tou!'
Touriñán posando nun sofá nunha imaxe promocional de 'Aquí Tou!'
Touriñán nun momento de 'Aquí Tou!'
Touriñán na xira de 'Corentena'

VÍDEOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Artistas » Xosé A. Touriñán
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.