Federico Pérez e Xosé A. Touriñán convértense de novo nos detectives Curtis & Teixeiro
Logo de encher en todos os teatros e auditorios que visitaron nunha primeira xira o pasado mes de xaneiro, retoman agora este espectáculo para actuar noutras oito localidades. A venda de entradas está xa en marcha en www.curtiseteixeiro.gal
Outono de teatro para Marcos Pereiro e Fede
Dous dos actores máis populares do país cambian nos próximos meses a pequena pantalla polos escenarios para participar en producións teatrais de gran formato. Marcos Pereiro en O Tolleito de Inishmaan, dirixida por Cándido Pazó, e Federico Pérez en Get Back, dirixida por Jorge Coira.
En Allariz hai unha festa cos Tristes!
A enerxética Primagás celebra este domingo unha romaría no campo da feira da localidade ourensá na que o dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro será o encargado de amenizar a sesión vermú. Non faltará o polbo e as filloas, ou os xogos infantís para os nenos.
Espectaculares datos de audiencia na despedida de Verbenalia
O programa presentado por Rodrigo Vázquez despediuse este venres cun 15,3% de share. Un sensacional dato de audiencia que consolida o éxito dun formato que acompañou aos espectadores da TVG durante seis semanas, na habitual parada de Luar no verán.
Cita co espectáculo máis agardado dos Tristes
Marcos Pereiro e Federico Pérez levarán este sábado a Castelo, o pobo do seu amigo e compañeiro Xosé A. Touriñán, un espectáculo musical que complentarán con diferentes actividades lúdicas e gastronómicas ao longo dunha noite que se presume inesquecible.