Cafés Siboney celebra os seus 50 anos cunha gran festa en Expocoruña
Ainé, en colaboración con Tex45 Producións, encargouse da produción do evento co que esta empresa coruñesa quixo celebrar cos seus clientes un aniversario moi especial. Unha espectacular iluminación vestiu unha festa na que actuaron El Combo Dominicano e Diana Tarín.

Cincuenta anos tostando os mellores cafés. Unha paixón de tres xeracións que na actualidade encarnan os irmáns Jorge e Ignacio López, á fronte de Cafés Siboney, unha marca líder que quixo celebrar o un aniversario moi especial cunha gran festa.
A galería de Expocoruña quedou pequena o pasado 26 de novembro para acoller ás case 1500 persoas que se deron cita para gozar cun sensacional catering antes das actuacións da cubana Diana Tarín e El Combo Dominicano. Diferentes espazos, pensados para cada momento da noite, recibiron aos clientes de Siboney, que inmortalizaron a súa presenza nun photocall situado xusto á entrada.
Un gran stand da marca cafeteira, coidado ata o máis mínimo detalle e coa estética das boutiques que a marca ten inaugurado nos últimos anos na Coruña, foi un dos grandes atractivos da noite, e foron moitos os convidados que decidiron probar algúns dos cafés que alí servían.
Despois chegou a festa, que se prolongou ata ben entrada a madrugada. Antes, os discursos: Jorge e Ignacio, coas súas familias sobre o escenario, agradeceron tantos anos de confianza nunha marca que de cara ao futuro só pretende seguir demostrando a súa paixón polo café.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


