Lexus inaugura as súas novas instalacións en A Coruña nunha festa co Trío Smoke
Grupo Breogán celebrou o pasado xoves a apertura do novo centro Lexus en Perillo (Oleiros), cun evento no que o Trío Smoke foi o encargado de amenizar a velada cun concerto que sorprendeu aos asistentes pola impecable interpretación dalgúns dos grandes clásicos da música das últimas décadas.

Ángel, Alfredo e Marcos son os compoñentes dunha das formacións máis requeridas na Coruña e a súa área influencia para amenizar todo tipo de eventos. Destacan pola coidada selección do repertorio para cada actuación, co que crean unha cálida e elegante atmosfera.
Ainé Producións encargouse desta volta de xestionar a contratación e da produción do concerto de Smoke na festa organizada por Grupo Breogán en Perillo.
NOTICIAS RELACIONADAS
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.


