A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas
Xosé A. Touriñán levará o seu monólogo a Tebra, no contexto dunha actividade organizada polo clube de fútbol da parroquia que terá lugar no restaurante Las Colinas a partir das 22.30 horas. No que vai de ano o actor e humorista cullerdense encheu en todas as súas actuacións.
Nace Choqueiriños, a gran festa do Entroido para os máis pequenos na Coruña
O domingo 26 de febreiro ao redor de 5000 persoas encherán o recinto feiral de Expocoruña nunha festa na que non faltará de nada. Actuacións musicais, inchables e ata deliciosas orellas e filloas conformarán a oferta para unha tarde cargada de sorpresas.
Touriñán esgota as entradas en Vigo e Vilagarcía na despedida do Monólogo do Imbécil
Case 2000 persoas asistiron a pasada fin de semana ás dúas última funcións dun espectáculo que nos últimos meses percorreu ata vinte vilas do noso país cun sensacional éxito de público. Touriñán rematou xaneiro cun balance de sete cheos consecutivos en todos os seus espectáculos.
Federico Pérez e María Vázquez darán a coñecer este martes os nomeados aos Mestre Mateo
176 obras son candidatas aos nomeamentos para as vinte e seis categorías que conforman os premios deste ano. A gala de entrega terá lugar o 4 de marzo no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña.
Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”
O actor e humorista cullerdense acompañou aos colaboradores habituais do coñecido programa deportivo da Televisión de Galicia para comentar a actualidade da xornada futbolística. Un reto do presentador do programa, Carlos García Verdugo, diante do que Touriñán non o dubidou.
O metro, de novo en marcha
Get Back, o espectáculo teatral de Camilo Franco e Diego Ameixeiras dirixido por Jorge Coira, segue o seu percorrido polos teatros das grandes cidades galegas con Federico Pérez a bordo. Logo de tres funcións en Compostela esta fin de semana a próxima parada será no Rosalía de Castro da Coruña.
Portada »






