“Máis audiovisual, máis traballo e máis igualdade”
A gala de entrega dos XV Premios Mestre Mateo trasladou a reivindicación de todo o sector da necesidade de que as profesionais do audiovisual teñan máis oportunidades. Os traballos finalistas dos que participou Ainé Producións non foron finalmente premiados.

Iolanda Muiños encargouse de avanzar ao inicio da gala dos XV Premios Mestre Mateo algúns dos temas que marcarían as dúas horas e media da gran festa do audiovisual galego: traballo e igualdade. Dous eixos sobre os que xiraron non só as intervencións da presentadora ou do presidente da Academia no seu discurso, senón tamén os discursos de boa parte dos gañadores.
Reivindicacións compartidas por todo un sector disposto a amosarlle á sociedade do que é capaz de facer. Para iso reclamouse o apoio das institucións e as empresas. A Academia Galega do Audiovisual ofreceuse, para estes obxectivos e tamén para o da igualdade real entre homes e mulleres, como interlocutor.
Ás portas dos premios
As producións finalistas relacionadas con Ainé Producións non tiveron demasiada sorte no que a premios se refire. Na categoría de mellor anuncio publicitario o Mestre Mateo foi para Cando chega o inverno, da axencia 300 Kilos. Serramoura impúxose a Nós, de Osdous Ardebullo, na categoría de mellor serie, e Land Rober Tunai Show fixo o propio con Buscando Ardebullo na categoría de mellor programa. Federico Pérez tampouco gañou o premio á mellor interpretación masculina protagonista, e a realización de Verbenalia tampouco resultou premiada.
Foron premiados en cambio algúns profesionais que ao longo do pasado ano traballaron en producións como Nós (Jaime Pérez, director de fotografía, levou o Mestre Mateo á mellor dirección de fotografía por Esquece Monelos), ou Verbenalia (Suso Montero, director de arte de Verbenalia, Buscando Ardebullo e O Son das Letras gañou o premio á mellor dirección de arte por Dalia, a modista). O premio á mellor webserie foi para Galicia Crime, un proxecto no que participou Pepo Suevos.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.
‘Amoriños’ chega a Cee e Vigo con cheos absolutos e suma novas funcións en Pontevedra e A Coruña
A xira de ‘Amoriños’, continúa esta fin de semana en Cee e Vigo, con case todas as entradas esgotadas. O espectáculo amplía ademais o seu percorrido con novas datas en Pontevedra e unha quinta función no peche da Coruña.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’, unha das grandes apostas do EMHU 2026
O humorista participa no espectáculo colectivo xunto a outros grandes nomes da comedia estatal, unha estrea absoluta no marco do encontro que xa colgou o cartel de entradas esgotadas para as súas dúas funcións en Palexco.


