‘Aquí Tou!’ engade novas funcións en Ribeira, A Estrada e Ribadumia
Tras unha primeira etapa de gran acollida, ‘Aquí Tou!’, o monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán suma, na súa xira de outono, segundas funcións en tres localidades.
O monólogo de Xosé A. Touriñán regresa este outono aos escenarios e volve conquistar ao público galego. A xira, que comeza o 8 de novembro, engade segundas funcións en tres das súas paradas: Ribeira, A Estrada e Ribadumia.
En Aquí Tou!, Touriñán percorre con humor e tenrura os momentos máis significativos da súa vida, mesturando realidade e ficción, anécdotas e cultura popular galega. O resultado é un relato vital no que o público se recoñece e emociona, compartindo risos e lembranzas.
A primeira das novas funcións será o 8 de novembro ás 18.30 no Auditorio Municipal de Ribadumia. En A Estrada, o Teatro principal acollerá unha segunda sesión o 14 de novembro ás 23.00, mentres que o Auditorio Municipal de Ribeira fará o propio o 26 de decembro ás 23.00.
A súa narrativa próxima e festiva permite que o público se recoñeza e emocione con cada escena, facendo do teatro un espazo de encontro e diversión. O espectáculo permitirá ao público volver mergullarse nas historias, anécdotas e emocións que fan deste espectáculo un retrato único da vida do actor.
Esta xira de outono consolida a presenza do espectáculo en Galicia, mantendo o vínculo directo co público que fixo de Aquí Tou! un fenómeno apreciado e querido. As entradas para Ribeira e Ribadumia xa poden adquirirse a través da páxina web do espectáculo, aquitou.gal mentres que, para A Estrada, estarán dispoñibles a partir do luns tamén na web.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.



