David Perdomo inaugura a programación de comedia do Copacabana
O cómico coruñés actuará o xoves 16 no mítico local dos cantóns na primeira noite de comedia da temporada. Xosé A. Touriñán fará de mestre de cerimonias da velada.

O Copacabana, cafetería con máis de cinco décadas de historia na Coruña, reabría as súas portas no pasado mes de maio logo de varios anos pechado. A inauguración contou coa presenza de representantes do goberno local e co actor e humorista Xosé A. Touriñán, quen conduciu o evento de reapertura deste icónico local dos Xardíns de Méndez Núñez.
Nesta nova etapa contará cunha ampla programación de espectáculos e eventos que arrinca este xoves, día 16, coas noites de comedia. Touriñán acturá como anfitrión da actuación de David Perdomo, primeira dunha serie de xornadas enfocadas ao humor. O próximo día 14 de xullo, o protagonista será Oswaldo Digón.
Músico, actor e guionista, David Perdomo é un dos nomes imprescindibles do humor en Galicia. Deuse a coñecer a través da webserie SKoruño e saltou á fama con multitiude de intervencións na Televisión de Galicia. Nos últimos meses participou no programa Catro Gatos xunto con Fátima Pego, Noemi Rodríguez e Xosé A. Touriñán e en La Noche D, programa conducido por Dani Rovira en Televisión Española.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.


