O bo humor chega este verán con Comicamente
Un total de 12 vilas e cidades galegas acollerán este ciclo de comedia ao aire libre
Conta con Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco e Luis Piedrahita entre outros grandes cómicos e cómicas

Encher Galicia de risa
Este xoves, día 22, tivo lugar na Cidade da Cultura a presentación de Comicamente, un ciclo de espectáculos de comedia que viaxará por 12 vilas e cidades galegas ao longo deste verán. O acto contou coa presenza de Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, Lucía Veiga, Jacobo Sutil, director da Agadic, e o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade Román Rodríguez.
Despois dun ano tan difícil, o impulso dunha serie de espectáculos de humor destas dimensións é preciso para a recuperación non só do sector senón de toda a sociedade. A comedia é unha das pezas chave na recuperación do ánimo e o benestar emocional das persoas. Como ben dixo Xosé A. Touriñán durante esta presentación: “logo de máis dun ano sen poder actuar diante da xente, temos moitas ganas de contar e de entreter. Quédanos moito que rir!”.
“Temos moitas ganas de contar e de entreter. Quédanos moito que rir!”
Xosé A. Touriñán.
O proxecto nace da unión das tres produtoras con maior capacidade de distribución de espectáculos de comedia en Galicia: Ainé Producións, Condetrespés e Etiqueta Negra. Xuntas impulsan este ciclo de comedia que reúne os mellores cómicos e cómicas do pais: Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, Lucía Veiga, David Amor, Oswaldo Digón, Carmen Méndez, Celso Sanmartín, Marta Doviro, Pepo Suevos, Ledicia Sola ou Marita Martínez serán algúns dos participantes.

Comicamente está incluído dentro da progamación do Xacobeo 21-22, co obxectivo de promocionar a cultura e poñer en valor o traballo dos cómicos e traballadores do sector. Ademais deste apoio do goberno galego, o proxecto conta co patrocinio de Estrella Galicia, Deleite e Gadis. Súmanse todos eles dentro dos seus programas de apoio á cultura e os espectáculos galegos.
O bo humor chega ás 4 provincias
Comicamente estará presente en doce vilas e cidades galegas co obxectivo de contaxiar a risa por toda a nosa xeografía. Os espectáculos terán lugar en espazos ao aire libre, en recintos deseñados para garantir a comodidade do público respectando todas as normativas de seguridade sanitaria.
As entradas, imaxes e toda a información das diferentes datas está disponible en comicamente.gal e nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Territorio Regueifa’ continúa o percorrido fóra de Galicia con dúas funcións en Asturias
O espectáculo chegará a Xixón e Vegadeo os días 27 e 28 de novembro, respectivamente, nunha nova parada da xira que está levando a improvisación oral galega a outros territorios.
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.


