Fariña representarase no Teatro Cofidís Alcázar de Madrid e sairá de xira por toda España
As produtoras do espectáculo acordan coa distribuidora Matel Cultura e a promotora Let’s Go, -unha das máis relevantes a nivel estatal- a continuidade da peza na capital a partir do 17 de decembro e ata o 31 de xaneiro. Un dos grandes teatros de Madrid, o Cofidís Alcázar, acollerá funcións de mércores a domingo, para as que sairán á venda as entradas nos próximos días.

Fariña suma un novo paso no seu camiño de éxitos. Os bos resultados do espectáculo nas Naves del Español de Madrid no último mes, esgotando as localidades cada día e con sensacionais críticas en todos os medios estatáis, concrétase agora nunha das noticias máis relevantes nos últimos tempos para a produción escénica galega.
A promotora Let’s Go (The Hole, Dirty Dancing…), en colaboración coa distribuidora Matel Cultura, levarán o espectáculo a un dos grandes teatros de Madrid (do 17 de decembro ao 31 de xaneiro). Ademais, Fariña sairá de xira polas grandes cidades de toda España a partir do verán, cun ambicioso plan de distribución que permitirá gozar do espectáculo nos grandes teatros de todo o Estado.
En canto a Madrid, o acordo permitirá dar resposta á amplísima demanda dos espectadores da capital, para os que as vinte e dúas funcións en Matadero quedaron cortas.
Foron máis de seis mil os espectadores que durante case un mes asistiron ás representacións de Fariña, ocupando todas as butacas dispoñibles cada día, aínda coas restricións de aforo e á movilidade motivadas pola situación sanitaria.
No Teatro Cofidís Alcázar, situado na rúa Alcalá, haberá funcións da obra dirixida por Tito Asorey de mércores a domingo, e as entradas sairán á venda a través de diferentes canles a partir desta semana.
Antes do regreso do espectáculo a Madrid está prevista unha xira reducida en Galicia, de só dúas cidades pero en periodos máis amplos, das que xa se anunciou o Teatro Colón da Coruña como unha das prazas escollidas.
‘Fariña’ é unha produción de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media dirixida por Tito Asorey, coa dramaturxia de José L. Prieto sobre o relato de Nacho Carretero no ensaio homónimo. Conta no seu elenco con Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias, Sergio Zearreta e Víctor Duplá. O 100% do equipo, tanto técnico como artístico, é galego.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.


