O Festival do Leite chega a Lugo
Reunirá este sábado no parque do Pazo de Feiras e Exposicións da cidade da muralla a preto de quince formacións musicais e artistas durante máis de doce horas. A entrada ao festival será de balde, e a recadación das barras se destinará a asociacións e entidades que traballan polos dereitos dos refuxiados.
A segunda edición do Festival do Leite conta os días para abrir as súas portas en Lugo. Cun sensacional cartel encabezado por Siniestro Total encherá de música e actividades de todo tipo o parque do Pazo de Feiras e Exposicións este sábado desde o mediodía.
Promovido pola láctea Deleite e apadriñado polo actor e humorista cullerdense Xosé A. Touriñán, a cita chega á cidade da muralla logo da fantástica acollida que tivo o pasado ano en Compostela, cun parque de Belvís cheo ata a bandeira.
Terbutalina, Adrián Costa & The Criers, Best Boy ou Escuchando Elefantes son outras das formacións que completarán un cartel no que non faltarán actividades para os máis pequenos nas doce horas que durará, ata pasada a medianoite.
Aínda que a entrada será de balde, os beneficios serán destinados a entidades que loitan polos dereitos dos refuxiados.
Xosé A. Touriñán, padriño da cita e da marca desde o seu lanzamento hai algo máis dun ano, tamén estará en Lugo durante a xornada. Na presentación do festival hai un par de semanas nun acto con representantes da marca e a alcaldesa, referíase ao apoio de Deleite á cultura nas súas diferentes manifestacións: “en cada cartón Deleite, ademais de cousas moi nutritivas, hai tamén música, teatro ou literatura de aquí, e iso tamén nos fai medrar”.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


