Manolo Lojo visita este sábado Tomiño coas entradas xa esgotadas
Xosé A. Touriñán levará o seu monólogo a Tebra, no contexto dunha actividade organizada polo clube de fútbol da parroquia que terá lugar no restaurante Las Colinas a partir das 22.30 horas. No que vai de ano o actor e humorista cullerdense foi quen de encheu en todas as súas actuacións.

Das cinco veces que Touriñán subiu ao escenario no que vai de 2017 as cinco o fixo con todas as sillas e butacas que tivo enfrente ocupadas. Non serán os seus fans e seguidores de Tebra, en Tomiño, os culpables de romper a racha.
O actor e humorista cullerdense chega este sábado á localidade pontevedresa co monólogo de Manolo Lojo, un espectáculo que percorrido diferentes auditorios e salas de todo o país con grandes datos no que a espectadores se refire. O interese do público por escoitar a historia de toda unha vida.
Unha vida que non foi doada… Logo de nacer prematuro e perder a boa parte da súa familia, botouse a algúns vicios que marcaron a súa existencia. Unha particular relación cun tío da Arxentina foi o único contacto que, xa de adulto, tivo Manolo Lojo con algún parente ou achegado, e a cousa non foi todo o ben que contaba…
Pero todo pode ir a peor! E o caso é que grazas a unha paga Manolo vai sobrevivindo, e conta agora polos auditorios e teatros de media Galicia algúns dos detalles máis curiosos da súa vida.
En Tebra as entradas están esgotadas desde hai máis dunha semana. Outro cheo de Touriñán, o sexto nas seis semanas que levamos de ano.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


