Nace Choqueiriños, a gran festa do Entroido para os máis pequenos na Coruña
O domingo 26 de febreiro ao redor de 5000 persoas encherán o recinto feiral de Expocoruña nunha festa na que non faltará de nada. Actuacións musicais, inchables e ata deliciosas orellas e filloas conformarán a oferta para unha tarde cargada de sorpresas.

A Coruña engade á súa ampla e tradicional programación de actividade polo Entroido unha cita máis. Choqueiriños, unha festa por todo o alto dirixida aos máis pequenos, celebrará a tarde do domingo 26 de febreiro a súa primeira edición.
O recinto de Expocoruña acollerá esta cita, na que as actuacións de Mamá Cabra, Magín Blanco e A Banda das Apertas e Paco Nogueiras serán as grandes atraccións dunha tarde na que as nenas e nenos que se decidan a asistir contarán tamén con outras tantas actividades.
Unha ampla zona de restauración con food-trucks e postos de orellas, filloas e golosinas permitirá tanto a pais como a nenos repoñer forzas durante a tarde. O evento desenvolverase entre 16.00 e 23.00 horas, e as actuacións musicais darán comezo a partir das 17.30. Antes e despois, a picadiscos María Faltriqueira será a encargada de animar aos asistentes.
As entradas para o evento, a un prezo de 6 euros cun refresco incluído, están xa á venda a través de Entradas ABANCA. Ainé Producións encárgase de diferentes tarefas de produción neste evento organizado por Expocoruña xunto con Radio Coruña – Cadena SER e Tex45 Producións.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


