Touriñán e Land Rober, de volta na TVG
Un dos programas máis seguidos da canle pública volve este mércores ás pantallas logo da parada polas vacacións do verán. Xosé A. Touriñán encabezará de novo o amplo equipo de colaboradores deste divertido espectáculo televisivo centrado no humor.

Volve, logo do verán, un dos programas máis queridos polos espectadores da Televisión de Galicia. Volve o humor en directo nun completo espectáculo televisivo que cada mércores é quen de reunir a milleiros de espectadores detrás da pequena pantalla. O Land Rober está de volta, e con el Xosé A. Touriñán, o seu colaborador máis aclamado.
O actor cullerdense é unha das caras visibles deste exitoso formato que compaxina actuacións musicais, entrevistas e sketches nun particular ton cómico que cada semana reune á audiencia da TVG diante das pantallas. Os camaleónicos papeis de Touriñán, entre os que destacou nas últimas temporadas o do multimillonario portugués Joao Simoes, son aclamados polo público que mesmo agarda semanas para poder vivir este espectáculo televisivo en directo desde o plató.
Touriñán compaxinará durante este outono o seu traballo en televisión coas representacións de dous espectáculos en vivo: o Monólogo do Imbécil (un texto teatral de José Prieto co que comezou a xirar a pasada primavera), e Curtis & Teixeiro, xunto con Federico Pérez, que logo de encher ata en doce localidades o pasado mes de xaneiro retoma a partir de mediados de outubro as súas funcións nas principais cidades do país.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Territorio Regueifa’ continúa o percorrido fóra de Galicia con dúas funcións en Asturias
O espectáculo chegará a Xixón e Vegadeo os días 27 e 28 de novembro, respectivamente, nunha nova parada da xira que está levando a improvisación oral galega a outros territorios.
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.


