Nucha e Mucha apúntanse a Verbenalia
O programa presentado por Rodrigo Vázquez contará este venres con Xosé A. Touriñán como pregoeiro, e coa actuación das Cantareiras de Ardebullo como convidadas especiais. Panorama, Os Resentidos e Los Satélites amenizarán unha festa na que tamén estarán Os Tres Trebóns e Radio Cos. Toda unha referencia do mundo da verbena, Sito Sedes, será o artista convidado.

Que é unha festa sen humor? Unha reflexión deste tipo fixo nalgún momento o equipo de Verbenalia para preparar o programa que a Televisión de Galicia emite este venres (22.00 horas), no que será o terceiro programa dos sete previstos para o que queda de verán.
Un cartel de luxo, o que ten preparado o programa conducido por Rodrigo Vázquez, para esta semana, co actor e humorista cullerdense Xosé A. Touriñán como pregoeiro.
O contraste de estilos marcará o apartado musical, coas orquestras Los Satélites (no plató) e Panorama (no orquestródromo). Ao palco desta última subirán Os Tristes, o dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro, para dirixirse á multitude congregada diante do escenario.
Sen embargo, o Verbenalia deste venres non só terá orquestras… Os Resentidos, a banda capitaneada polo polifacético Antón Reixa, Os Tres Trebóns, e Radio Cos, montarán a festa nun plató que vibrará ao longo de tres intensas horas de programa.
Mucha e Nucha, as coñecidas Cantareiras de Ardebullo, achegarán o humor ao cartel da festa, e contra o final do programa, xa na zona disco, haberá sorpresas coas Fillas da Conexa e os propios Tristes como protagonistas.
En definitiva, un programa para non perder, o deste venres, que contará coa comisión de festas habitual, formada por Patri Santana, Eva Iglesias e Manuel de Andrade.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


