Vadim Yukhnevich protagonista da entrevista do último número de Táboas
O terceiro número da revista está dispoñible na tenda de Ainé e en taboas.gal
O terceiro número de Táboas xa está dispoñible, a revista sobre teatro que editamos desde Ainé volve facer un repaso do máis destacado das artes escénicas en Galicia, atendendo a diversas olladas e sensibilidade pero mantendo o foco no público.
A portada deste número é para Vadim Yukhnevich, quen falou con Marta Otero Mayán sobre exilio, música, morriña… A entrevista completa en vídeo co músico bielorruso está dispoñible na web de Táboas ou na canle de Youtube da revista.
Tamén podemos atopar neste terceiro número entrevistas en profundidade coa dramaturga uruguaia Marianella Morena e coa compañía Nauta, así como unha ampla reportaxe sobre o estado da danza en Galicia, os 40 anos do Festival de Teatro de Almada ou o percorrido de Somos Criminais, un dos espectáculos galegos máis exitosos de todos os tempos.
Súmanse a este número tamén os textos de Marta Lado e Xosé Leis, que poñen o foco na necesidade de aportar diversidade de olladas na escrita e na posta en escena, ampliando a capacidade que ten o teatro para transformar a sociedade e mellorar as vidas das persoas que sofren discriminacións e abusos.
Se non queres perder nada do que acontece nos teatros en Galicia, podes seguir a Táboas no Facebook, en Instagram ou en X.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



