Fede e Touri, mestres de cerimonia do festival OlloBoi
Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán serán –xunto á actriz Sabela Arán- os encargados de presentar este sábado á noite a gala de entrega de premios do festival OlloBoi, que se celebra en Boiro os vindeiros días 27 e 28.

OlloBoi
OlloBoi é un proxecto creado pola Asociación Marearte, un colectivo sen ánimo de lucro formado por profesores do ensino público que desde hai sete anos busca involucrar a estudantes –desde o ámbito infantil ao universitario- no mundo da produción e da creatividade audiovisual galega.
Para isto, a organización do certame programa para eses días diversas actividades enfocadas neste ámbito, como os catro talleres que se impartirán o sábado: un de televisión a cargo de Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual; outro de series do que se encargarán Javi Lopa e Jorge Boquete, membros do equipo de El Método Sueco; outro de cine, que correrá a cargo do director Alfonso Zaruaza; e o último de interpretación, da man da actriz Sabela Hermida.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


