Touriñán repetirá con ‘Amigos ata a morte’ en marzo

Logo de encher en todas e cada una das funcións programas o pasado mes de outubro, a obra de Javier Veiga visitará de novo os teatros das grandes cidades galegas. As entradas para algúns dos pases desta segunda xira están xa á venda en Ataquilla.

touriamigos
Foto: Marcos Martínez

Confirmado como un dos grandes éxitos do teatro en galego deste 2015 que remata, Amigos ata a morte, a comedia de Javier Veiga interpretada por Xosé A. Touriñán, David Amor e Ledicia Sola, volve aos teatros de media Galicia en marzo. O sensacional éxito das funcións deste outono en Noia, Pontevedra, Vigo, Compostela, A Coruña, Ourense e Ferrol tivo como consecuencia que moitos espectadores interesados na obra quedaran sen entrada, polo que actores, director e produtora non o dubidaron á hora de programas novas datas.

En Ataquilla pódense mercar xa billetes para as funcións de Pontevedra (11 de marzo), Vigo (12 de marzo), Ourense (18 de marzo) e A Coruña (19 de marzo), aínda que nas próximos días se coñeceran outras datas e localidades nas que será posible gozar cun texto que, antes de ser interpretado en galego, xa triunfara en centos de representacións polo resto de España.

Artigo anterior
Lexus inaugura as súas novas instalacións en A Coruña nunha festa co Trío Smoke
Artigo seguinte
Curtis & Teixeiro, de xira por Galicia

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán repetirá con ‘Amigos ata a morte’ en marzo