Touriñán esgota as entradas en Vigo e Vilagarcía na despedida do Monólogo do Imbécil

Case 2000 persoas asistiron a pasada fin de semana ás dúas última funcións dun espectáculo que nos últimos meses percorreu ata vinte vilas e cidades do noso país, cun sensacional éxito de público. Touriñán remata xaneiro cun balance de sete cheos consecutivos en todos e cada un dos seus espectáculos.

touri_vilagarcia-vigo

Todas e cada unha das butacas tanto do Auditorio de Vilagarcía como do Teatro García Barbón de Vigo tiveron dono. A razón, as dúas últimas funcións do Monólogo do Imbécil, o espectáculo co que Xosé A. Touriñán xirou durante este último ano.

Case 2000 espectadores coñeceron a Santi, a quen todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí… coma un imbécil”.

O espectáculo, escrito e dirixido por José Luis Prieto, contou con Anxo Graña no apartado técnico e coa empresa emedous na produción. Estreouse hai case un ano no Pazo da Cultura de Narón, e desde entón percorreu boa parte dos teatros e auditorios do noso país con grandes datos de taquilla.

Artigo anterior
Federico Pérez e María Vázquez darán a coñecer este martes os nomeados aos Mestre Mateo
Artigo seguinte
Nace Choqueiriños, a gran festa do Entroido para os máis pequenos na Coruña

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán esgota as entradas en Vigo e Vilagarcía na despedida do Monólogo do Imbécil