‘Como ser Armario Empotrado’: o novo monólogo co que Marcos Pereiro xirará por toda Galicia

A Illa de Arousa será a primeira parada dunha xira que levará ao actor cullerdense a outras seis localidades nos dous próximos meses para estrear o seu primeiro espectáculo en solitario. ‘Como ser armario empotrado’ é o título dun divertido monólogo sobre a experiencia do propio protagonista nun particular ximnasio.

armario

Que estar en forma está de moda é un feito. Que lle pregunten se non a Marcos Pereiro, asiduo cliente dos mellores ximnasios: aqueles nos que hai toallas de balde para secar a suor, monitores con nomes de nivel, e clientes da categoría de, por exemplo, Armario Empotrado, a quen Pereiro prestou especial atención durante meses, collendo recortes, para poder contalos nos mellores escenarios de Galicia.

Na Illa de Arousa terá lugar a estrea, o venres 10 de marzo. Unha semana despois visitará Ribadeo, e xa na segunda quincena de maio estará na Coruña, Compostela e Noia, para despedir a xira o 7 de abril en Cedeira e o día 15 en Redondela. Sete oportunidades para gozar coas historias de Pereiro na que será a súa primeira aventura en solitario sobre os escenarios, logo de compartir durante anos diferentes espectáculos con compañeiros e amigos como Xosé A. Touriñán ou Federico Pérez.

Marcos Pereiro é actor desde moi novo. Xunto con Touriñán deuse a coñecer desde o escenario do Luar, na Televisión de Galicia, no que foi o primeiro de decenas de traballos no audiovisual, entre os que destacaron Terra de Miranda, Air Galicia, Vilamor, Tourilandia, A Casa da Conexa ou Buscando ArdebulloComo Nucha, das Cantareiras de Ardebullo, percorreu centos de verbenas do país, e desde o pasado ano forma parte do elenco de O Tolleito, un texto teatral de Cándido Pazó que recolle sensacionais críticas e co que aínda xira polos teatros de toda Galicia.

Artigo anterior
Touriñán, Federico Pérez, Marcos Pereiro e Pepo Suevos, xuntos no Luar
Artigo seguinte
“Máis audiovisual, máis traballo e máis igualdade”

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » ‘Como ser Armario Empotrado’: o novo monólogo co que Marcos Pereiro xirará por toda Galicia