Marcos Pereiro

Cantareiras de Ardebullo, Nucha e Mucha

Mucha e Nucha actuarán o 24 de setembro en Arzúa

Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro pecharán a xira deste verán das Cantareiras de Ardebullo na parroquia do Couto (Arzúa), que celebra as súas festas a penúltima fin de semana deste mes. As Fillas da Conexa subirán ao escenario no descanso da verbena, pasada a medianoite.

Cita co espectáculo máis agardado dos Tristes

Marcos Pereiro e Federico Pérez levarán este sábado a Castelo, o pobo do seu amigo e compañeiro Xosé A. Touriñán, un espectáculo musical que complentarán con diferentes actividades lúdicas e gastronómicas ao longo dunha noite que se presume inesquecible.

Nucha e Mucha apúntanse a Verbenalia

O programa presentado por Rodrigo Vázquez contará este venres con Xosé A. Touriñán como pregoeiro, e coa actuación das Cantareiras de Ardebullo como convidadas especiais. Panorama, Os Resentidos e Los Satélites amenizarán unha festa na que tamén estarán Os Tres Trebóns e Radio Cos. Toda unha referencia do mundo da verbena, Sito Sedes, será o artista convidado.

Marcos Pereiro únese ás Noites de Retranca

Logo de participar na última edición dos Monólogos R, o cómico e actor cullerdense participará neste afamado ciclo de humor en directo, compartindo escenario con Oswaldo Digón e Luis Iglesia o 11 de setembro no Teatro Colón da Coruña. As entradas están xa á venda.

Os Tristes están de volta

Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, volveron aos escenarios neste mes de xullo.

Portada » Marcos Pereiro » Páxina 8