Xosé A. Touriñán, protagonista do novo anuncio de Deleite
‘O leite da nosa xente’ é o título dunha peza dirixida por Jorge Coira e producida por Undodez coa colaboración de Ainé Producións, con música orixinal do grupo pontevedrés Primordiais.
https://www.facebook.com/DeleiteGalegoLeiteNoso/videos/1933979869972906
Deleite e Touriñán únense de novo. Para “apostar polos gandeiros que traballan por un leite de calidade, noso e de aquí”, segundo a frase coa que remata o novo anuncio publicitario da láctea coa que o actor e cómico cullerdense colabora desde hai anos. Unha colaboración que ten moito que ver co compromiso amosado por Deleite nos últimos tempos coa cultura do noso país, e tamén co interese de Touriñán por apoiar as accións dunha marca que loita incansablemente polo futuro dos gandeiros, insistindo na necesidade de que os prezos sexan xustos en todo o proceso produtivo que leva o leite desde as explotacións ata as nosas mesas.
O novo anuncio, que Deleite lanzou nos últimos días, pódese ver xa tanto na rede como na Televisión de Galicia. Trátase dunha sucesión de postais coidadosamente escollidas que falan da relación das nenas e nenos co leite nas granxas, da literatura e a música, ou do comercio de proximidade, todo nun ambiente festivo ao que axuda a banda sonora de Primordiais, o grupo pontevedrés que adaptou o seu tema “Por ti moreno” para o spot.
Jorge Coira dirixiu un spot producido por Undodez coa colaboración de Ainé Producións, e que contou con Noela Gutiérrez na dirección de arte e Jaime Pérez na dirección de fotografía.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Mentes Peligrosas’ este sábado en Vigo
Xosé A. Touriñán participará este sábado en Vigo en ‘Mentes Peligrosas’, un dos espectáculos de comedia máis exitosos do Estado, cun dobre pase no Auditorio Mar de Vigo.
‘Territorio Regueifa’ encara a súa estrea en Carballo
O espectáculo dirixido por José L. Prieto abrirá mañá a venda de entradas e estrearase o 6 de febreiro en Carballo, iniciando así unha nova etapa.
‘Amoriños’ amplía a súa segunda xira con novas datas e funcións
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo suma novas paradas na súa xira de primavera, incluíndo no percorrido a Vilagarcía, Santiago, Ourense, Cee e Narón.


