Últimas funcións da temporada de ‘Aquí Tou!’
A xira do monólogo de Xosé A. Touriñán chega á súa fin coas datas programadas en Ferrol e Ribadeo.
Logo de case un ano xirando polas vilas e cidades galegas, ‘Aquí Tou!’ achégase ás últimas paradas da viaxe. O monólogo de Xosé A. Touriñán congregou preto de 22.000 persoas desde a súa estrea, un éxito de público que encheu por completo case que todas as funciuóns do espectáculo con, por exemplo, dous cheos no Teatro Colón e outros dous no Auditorio Palexco da Coruña.
O venres 10 de maio, o cómico presentará en Ferrol este monólogo no que fai un repaso pola súa vida, botando man do humor para explicar os momentos destacados que o converteron na persoa que é hoxe en día. A función de ‘Aquí Tou!’ será no Auditorio Municipal, ante a gran demanda de entradas que deixaron pequeno o Teatro Jofre.
Para finalizar, o molólogo viaxará a Ribadeo, ao Auditorio Municipal Hernán Naval. A cidade mariñá será o punto final dunha xira que comezou en Vilalba a finais de 2022. As entradas para esta derradeira función están xa á venda en aquitou.gal e na páxina web de Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
Un novo espazo dixital para seguir a traxectoria de Xosé A. Touriñán
A páxina recompila toda a información profesional do actor, director e produtor nun espazo renovado, accesible e estruturado arredor da súa traxectoria, proxectos e actividade actual.
A xira estatal do monólogo de Touriñán segue medrando e suma novas datas
O espectáculo de Xosé A. Touriñán continúa ampliando o seu percorrido fóra de Galicia cun calendario que segue incorporando funcións ao longo de 2026 e comezos de 2027.
Lamatumbá, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A banda ourensá opta ao galardón na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena, reafirmando o seu lugar como un dos grandes referentes da festa e da música popular galega.



