Xosé A. Touriñán
Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”
O actor e humorista cullerdense acompañou aos colaboradores habituais do coñecido programa deportivo da Televisión de Galicia para comentar a actualidade da xornada futbolística. Un reto do presentador do programa, Carlos García Verdugo, diante do que Touriñán non o dubidou.
Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia
O programa da Televisión de Galicia, no que Xosé A. Touriñán é un dos grandes protagonistas, cambia a súa data de emisión, dos mércores aos xoves. Presentado por Roberto Vilar, o espazo xunta cada semana a decenas de miles de espectadores diante da pequena pantalla.
Touriñán despedirá o Monólogo do Imbécil este mes en Vilagarcía e Vigo
Estas dúas localidades pontevedresas acollerán os días 27 e 28, respectivamente, as últimas funcións deste espectáculo de José Luis Prieto, Premio Max de Teatro, que Touriñán levou o pasado ano a máis de dez puntos da nosa xeografía.
Cita triple con Touriñán no Carballiño
O actor e monologuista cullerdense levará esta fin de semana o seu espectáculo en solitario, Manolo Lojo, á localidade ourensá (con tres funcións previstas e as entradas esgotadas desde hai semanas), e ao auditorio de Ponteareas.
A noite de Reis, no último capítulo de Nós
O humor de carácter didáctico, centrado nas tradicións relacionadas co Nadal no noso país, ocupou parte da programación da TVG durante estas festas co novo programa de Touriñán e Marcos Pereiro. O terceiro episodio, centrado na festa de Reis, emítese este xoves ás 22.00 horas.
Mucha e Nucha comezan o ano en Melide
Rematadas estas vacacións de Nadal, as fillas da Conexa, Mucha e Nucha, volven aos escenarios de Galicia. A Casa da Cultura de Melide acollerá o vindeiro sábado 7 de xaneiro a primeira cita do ano deste dúo cómico formado polos actores cullerdenses Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro.





