Mucha e Nucha abrirán unha nova xira na Illa de Arousa
O 19 de febreiro actuarán no auditorio da localidade pontevedresa, que hai menos dun mes acolleu unha das representacións doutro dos proxectos de Xosé A. Touriñán, Curtis & Teixeiro, con Federico Pérez. Será a primeira das actuacións en directo das Fillas da Conexa este ano, no que subirán de novo aos escenarios de decenas de festas en toda Galicia co seu aclamado humor.

O humor made in Ardebullo volve aos escenarios. Logo de varios meses ocupadas noutros proxectos, Mucha e Nucha reencontraranse co público o venres 19 de febreiro na Illa de Arousa. Será unha das primeiras actuacións do 2016, un ano no que celebran o seu noveno aniversario como dúo cómico, e no que percorrerán de novo as aldeas de media Galicia para facer rir a un público que non as esquece.
Para o espectáculo da Illa as entradas están xa á venda por 10 euros (12 na billeteira do auditorio o mesmo día da actuación) no bar O Museo, no Con do Moucho e na Administración de Loterías San Xulián. As Fillas da Conexa recuperarán para a ocasión os gags que teñen feito rir a decenas de milleiros de galegos e galegas na última década, combinados con renovados momentos cómicos que farán as delicias do público.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


