Marcos Pereiro, Isi e Federico Pérez, protagonistas da gala Arnoia con Humor
Este espectáculo inédito pechará o próximo domingo a XXXVIII Festa do Pemento, que desde o venres se celebrará no recinto da Queixeira da localidade ourensá. A entrada será de balde, e no mesmo lugar do espectáculo será posible degustar pementos da Denominación de Orixe cociñados de moi diversos xeitos.

Empanada de pementos, pementos fritidos e asados, tortilla e ata xeado de pementos. Quen non os probe non ten demasiadas alternativas nesta festa que a localidade ourensá de Arnoia celebra a primeira fin de semana do mes de agosto. Tres días nos que milleiros de persoas visitan o recinto da Queixeira para degustar todo un manxar que conta incluso con Denominación de Orixe propia.
Aos actos e actividades que habitualmente rodean a parte gastronómica da festa súmase desta volta un espectáculo inédito que terá o humor como protagonista: tres dos cómicos máis coñecidos de Galicia xuntaranse o domingo, a partir das 22.30 horas, na primeira edición dunha gala bautizada co nome de ‘Arnoia con Humor’, que durante dúas horas provocarán as gargalladas do público.
O acceso será libre e de balde, e os asistentes poderán, no mesmo recinto, probar as diferentes elaboracións dos pementos de Arnoia e acompañalos doutro dos grandes protagonistas da festa: o Ribeiro.
Luis Zahera abrirá a festa o venres
Con humor rematará a festa o domingo, e con humor comezará a festa o venres. O actor Luis Zahera será o encargado de ler o pregón co que se dará por inaugurada a trixésimo oitava edición desta imprescindible cita.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


