Touriñán e Federico Pérez, de entroido por Galicia
O cómico cullerdense presentará o martes o concurso de disfraces de Arteixo e o sábado, como João Simões, o que organiza a discoteca Chanteclair, en Pontecesures. Pola súa banda, Federico Pérez será este ano o encargado de conducir o entroido de Dumbría, coñecido polo seu concurso de comparsas.
Galicia bótase ás rúas para celebrar o entroido, e os cómicos máis coñecidos do país son reclamados polos organizadores dos mellores desfiles e concursos de disfraces para poñerlle a guinda a unha das grandes festas do calendario.
Son, como cada ano, días de moito traballo para humoristas como Federico Pérez e Xosé A. Touriñán. O primeiro será o encargado este ano de presentar o concurso de comparsas de Dumbría, con máis de 2000 € en premios en xogo. Terá lugar este domingo contra as 18.00 horas na praza do Concello, e ademais da actuación das comparsas, haberá un agasallo para todos os nenos disfrazados.
Touriñán estará o martes no entroido de Arteixo, desta volta presentando o concurso de disfraces de adultos que organiza o concello. A programación para estes días na localidade coruñesa inclúe outras tantas actividades, como un desfile de carrozas e de comparsas, ou un concurso de disfraces infantiles.
O sábado, tamén Touriñán, pero desta volta como João Simões, será o encargado de conducir o concurso de disfraces que organiza a discoteca Chanteclair. A súa intervención será pasada a medianoite no local de Pontecesures.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


