João Simões, Gayoso e as badaladas
Xosé A. Touriñán comezou 2016 dunha forma diferente á que probablemente estaba acostumado. Coa Berenguela da catedral de Santiago de fondo, e con Xosé Ramón Gayoso, mestre e amigo como o definiu en Instagram, permitiu que a audiencia da Televisión de Galicia deixara o ano que remataba e iniciara o novo da mellor das formas: rindo. Twitter encheuse de parabéns dedicados ao cómico cullerdense de decenas de galegos que escolleron a canle autonómica para despedir o ano coas uvas.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


