Xosé A. Touriñán

PRÓXIMAS DATAS:

Xosé A. Touriñán

Actor, presentador, produtor e director, Touriñán conta con máis de 20 de anos de experiencia no audiovisual e no teatro.

O seus inicios no mundo da actuación remóntanse a 2002 con “Os dous de sempre”, dúo cómico formado xunto a Marcos Pereiro. En 2005 comeza a súa carreira na TVG, onde coas “Cantareiras de Ardebullo” no programa Luar consegue grande éxito de público. Desde entón, Touriñán convértese nun dos humoristas más recoñecidos de Galicia, protagonizando diversas series e programas de televisión.

Destaca a súa faceta sobre os escenarios, representando monólogos e obras de teatro. Colleita un enorme éxito xunto a Carlos Blanco con Somos Criminais (2018 – 2025) e cos espectáculos teatrais Fariña (2019), Recortes, caneos e outras formas de driblar (2022) e Corentena (2023), esta última xunto a David Perdomo. No ano 2022 debuta na dirección cinematográfica coa curtametraxe Nena, un proxecto que reune máis de 50 seleccións en festivais. No 2024 pon o peche ao proxecto Somos Criminais coa súa última entrega: Somos Criminais e punto final, que conseguiu reunir a máis de 100.000 espectadores desde a súa estrea.

Actualmente, está en activo coa nova proposta Amoriños, de novo compartindo táboas con Perdomo. Este espectáculo trata o tema máis universal e, á vez, o máis perigoso de todos: o amor. Tamén continúa co seu monólogo máis persoal, levándoo máis alá das nosas fronteiras nun percorrido estatal.  Unha traxectoria que o consolida como un dos grandes referentes do humor galego, polo vínculo directo e sostido que constrúe co público función tras función.

PRÓXIMAS DATAS:

DESTACADOS

Amoriños

amorinos.gal

Perdomo e Touriñán volven coa súa parella máis perigosa: o amor. Un espectáculo de citas tolas, paixóns imposibles e personaxes que non deberían xuntarse… pero xúntanse igual. Un First Dates á galega, humor salvaxe e moito corazón.

Aquí Tou!

aquitou.gal

Nun dos seus monólogos máis persoais, o cómico fai un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital, mesturando anécdotas propias con cultura popular galega.

FOTOS

Touri posa ante os medios gráficos na preestrea de 'Amigos hasta la muerte' en Ourense
Touriñán e César Goldi nunha escena de 'Fariña'
Touriñán na obra de teatro 'Fariña'
Cesar Goldi e Touriñán en 'Fariña'
Touriñán na estrea de 'Recortes'
Touriñán nunha gravación
Touriñán en 'Aquí Tou!'
Touriñán na gravación de 'Aquí Tou!'
Touriñán posando nun sofá nunha imaxe promocional de 'Aquí Tou!'
Touriñán nun momento de 'Aquí Tou!'
Touriñán na xira de 'Corentena'
Touriñán na gravación do programa 'Catro Gatos' para a TVG
Touriñán na gravación do programa 'Catro Gatos' para a TVG
Touriñán na gravación do programa 'Catro Gatos' para a TVG
Touriñán nas xornadas sobre adicións ao redor de 'Fariña'
Touriñán no Castelo Conta

VÍDEOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Artistas » Xosé A. Touriñán
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.