A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Xa á venda as entradas para a función especial de ‘Amoriños’ no Festival Noroeste Estrella Galicia
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega o vindeiro 9 de agosto ao Parque de Santa Margarida cunha función especial dentro da 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. As entradas xa están dispoñibles.
‘Amoriños’ chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha edición especial en Santa Margarida
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo formará parte da programación da 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cunha función especial o 9 de agosto.
Xosé A. Touriñán incorpórase ao elenco da terceira e última tempada de ‘Clanes’
A serie de Netflix producida por Vaca Films despídese cunha última entrega que volve reunir a Clara Lago e Tamar Novas como protagonistas, xunto a un amplo elenco do que forma parte Xosé A. Touriñán. A tempada final pecha a historia deste universo do narcotráfico en Cambados.
Máis improvisación oral para despois do verán: ‘Territorio Regueifa’ suma tres novas funcións
O espectáculo regresará aos escenarios en outubro e novembro con tres novas funcións xa confirmadas. Entre elas destaca a primeira representación fóra de Galicia, que terá lugar en Barakaldo.
Xosé A. Touriñán forma parte do elenco de ‘Ágata y Lola’, a nova serie de Atresmedia e Portocabo
A ficción producida vén de recibir o premio á Mellor Serie no Festival Internacional de Series Ría de Vigo. Xosé A. Touriñán forma parte do elenco dando vida a Óscar, unha das personaxes do ámbito familiar das protagonistas.
Xosé A. Touriñán recibe o Premio Oliva 2026 no Festival Internacional de Series Ría de Vigo
O actor e humorista foi recoñecido co premio de honra durante a gala de clausura da segunda edición do Festival Internacional de Series Ría de Vigo. O galardón destaca unha traxectoria consolidada no audiovisual galego e estatal.
Portada »






