As Cantareiras de Ardebullo, na Gala do Humor polas Enfermidades Raras
Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán participan o xoves 19 de maio na festa do humor que a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) organiza co obxectivo de recaudar fondos para os afectados por estas doenzas.
O humor made in Ardebullo de Mucha e Nucha regresa así aos escenarios cunha actuación única no Teatro Colón, na que as risas e a solidariedade danse a man polas enfermidades raras.
A cita é este xoves a partir das 20:30. As entradas-donativos, que custan 10 euros, están dispoñibles na Sede de Fegerec na Coruña -Rúa Solís, s/n- e a través de internet. Tamén podedes reservalas chamando ao 981234651 ou ao 691011855.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


