“O derbi dos artistiñas” volve na previa do Celta – Depor
Este particular partido forma parte da campaña Imposible sen ti, e xógase co obxectivo de amosar una vez máis a boa relación que debe haber entre os seareiros dos dous clubes. Ainé, xunto con Tex45 Producións, encárgase do desenvolvemento desta iniciativa en colaboración con Deportivo e Celta.

Co derbi galego como telón de fondo e como xa pasara na primeira volta da Liga, algunhas das caras máis coñecidas do panorama audiovisual galego xuntaranse mañá pola mañá no campo da Madroa de Vigo para xogar o “derbi dos artistiñas”. A competición enmárcase dentro da campaña publicitaria “Imposible sen ti” e pretende incidir no rollo entre equipos.
Javier Veiga, Monti Castiñeiras e Carmen Méndez polo Celta e Marcos Pereiro, Federico Pérez e Quico Novoa polo Depor son, entre outras, algunhas das caras que se unirán para xogar este partido entre amigos. A contenda será ás 12.00 da mañá nas instalacións viguesas da Madroa. Deseguido, os participantes xantarán nun restaurante próximo para logo ir ver todos xuntos o derbi no Estadio de Balaídos.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


