O xornalismo e a cultura en Madrid, na estrea de Fariña
Algunhas das caras máis coñecidas do xornalismo e a cultura, en moitos casos galegos na capital, acompañaron a Nacho Carretero e o equipo de Fariña o pasado xoves na estrea nas Naves del Español. Á función asistiron tamén a Ministra de Traballo e Economía Social e a Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo e Deportes do Ayuntamiento de Madrid.

Matadero encheuse o xoves, e ao público soábanlle as caras de moitos cos que compartían función. Eran xornalistas, presentadoras e presentadores de televisión, actrices e actores, e tamén políticos. Ninguén quixo perder a volta aos teatros, no medio dunha pandemia na que -todos coincidían- a cultura debe seguir ocupando un lugar importante.
Os flashes das cámaras centráronse na Ministra de Traballo e Economía Social, a galega Yolanda Díaz, a quen Nacho Carretero acompañou no photocall antes de entrar á sala. Fixo o propio con Andrea Levy, Delegada da Área de Goberno de Cultura, Turismo e Deportes do Ayuntamiento de Madrid.


Estiveron tamén os actores Tristán Ulloa, Marta Larralde, Jana Pérez, Tomás Pozzi, Marta Belmonte, Rober Bodegas ou Tamar Novás, algúns deles coñecidos precisamente pola súa interpretación na Fariña audiovisual, a serie de Bambú para Netflix e Antena 3.


Do mundo da televisión non faltaron á cita a xornalista Alba Lago, Quequé ou Gonzo. Todos eles recomendaron o espectáculo nas súas sociais ao remate do espectáculo.


Asistiron tamén o produtor musical David Quinzán, a escritora Elvira Sastre ou o chef galego Manuel Domínguez, Estrella Michelín, e con restaurante en Madrid. Manuel Jabois, Álvaro Llorca, Pedro Zuazua, Rafa Cabaleira ou Natalia Junquera, entre outros tantos xornalistas acompañaron a Nacho Carretero na estrea, que abriu as vinte e dúas funcións do espectáculo que se representarán ata o 11 de outubro nas Naves del Español.


NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.


