Marcos Pereiro presenta ao gaiteiro Cristian Silva na Illa de Arousa
O gaiteiro Cristian Silva presenta no auditorio da Illa de Arousa o seu último traballo, Manual ególatra básico, nun concerto no que o humor correrá a cargo dun presentador moi especial, o cullerdense Marcos Pereiro.
Ás 21.00 comezará un espectáculo no que Silva estará acompañado da EGO Band, e no que non faltarán outras tantas sorpresas: Óscar Ibáñez, o guitarrista Xosé Piñeiro e a asociación Pentamorión Arousa completarán o cartel dunha noite moi especial.
O traballo de Cristian Silva está a obter sensacionais críticas pola capacidade do artistas de mesturar a tradición con técnicas de vangarda ou a música indie-pop.
Marcos Pereiro incluirá na súa intervención fragmentos dos seus últimos espectáculos cómicos, cos que ten xirado no último ano por diferentes teatros e auditorios do noso país.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


