Oferta de emprego para a incorporación dun perfil auxiliar de produción

Con toda a temporada por diante, reforzamos o noso equipo de produción coa incorporación, a tempo completo e cun contrato indefinido, dunha ou dun auxiliar para traballar tanto no ámbito das artes escénicas e os espectáculos como no audiovisual.

En Ainé e Undodez queremos sumar talento e ganas para participar non só nos nosos proxectos audiovisuais ou teatrais, senón tamén no día a día das produtoras: nos procesos internos relacionados con traslados, almacenaxe de recursos, montaxes ou cargas. Queremos incorporar un perfil auxiliar para o noso departamento de produción, con todas as posibilidades de crecemento, pero que no marco desta oferta participaría de tarefas que requerirán, en ocasións, traballo en fin de semana e polas noites (relacionado coa produción de espectáculos) ou adaptación a horarios pouco regulares.

Queremos ser claros e transparentes neste sentido á hora de reforzar que buscamos un perfil de auxiliar, polo que para esta oferta en concreto non terán posibilidades candidatas ou candidatos que non teñan disposición ou dispoñibilidade para asumir o tipo de tarefas que se relacionan cun posto así. Por exemplo: os traslados dos decorados dunha obra de teatro durante unha xira as fines de semana, a organización, incluída a carga e descarga, dos recursos dos que dispoñemos nos nosos almacéns, ou o coidado e mantemento de materiais que poden ir desde equipos de cámara ata os vehículos.

En canto as condicións: contrato indefinido de 38 horas de traballo semanais, horario variable -tamén en fin de semana-, e un salario bruto de 1.750 € brutos, asociado ao grupo IV do convenio de eventos, servizos e producións culturais de Galicia.

Queres presentar a túa candidatura?

Precisamos que nos envíes a través do formulario que atoparás ao final deste artigo os teus datos, -non recibimos candidaturas por e-mail-, un texto no que nos fales sobre ti e sobre as razóns polas que queres traballar con nós. Se queres achegar o teu currículo ou calquera outro documento podes facelo a través do propio formulario, pero non é imprescindible.

Valoraremos o teu interese e motivación, as ganas de querer compartir traxectoria profesional con nós e de medrar, e en particular teremos en conta coñecementos e capacidades relacionados coa produción audiovisual e de eventos, e aptitudes como a orde e a organización, ou a facilidade para traballar en equipo. A experiencia non é necesaria. Ter carné de conducir, si.

A oferta permanecerá aberta ata o venres 9 de outubro, e a incorporación será inmediata logo dun proceso de entrevistas persoais que se prolongará durante non máis de dúas semanas.

    Perfil

    Entrada anterior
    A Lacena Pequena chega a A Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño

    NOTICIAS RELACIONADAS

    Non se atoparon resultados.
    Portada » Caderno » Oferta de emprego para a incorporación dun perfil auxiliar de produción
    Axustes de cookies

    As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.