A praia tardará un tempo en abrir

‘Unha noite na praia’ apraza a xira prevista para os meses de maio, xuño e xullo, logo de coñecer as medidas para a volta á normalidade, que impedirán por un tempo os aforos completos nos teatros.

O espectáculo protagonizado por Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco non xirará por Galicia nestes meses. As limitacións de aforo propostas dentro das medidas para a volta á normalidade logo da crise da COVID-19 non fan posible as funcións previstas, moitas delas con todas as entradas xa vendidas e polo tanto, cos teatros cheos.

Os espectadores que xa tiveran as súas entradas mercadas poderán optar por quedar con elas para as novas datas, aínda por confirmar, ou solicitar a devolución dos importes -en www.unhanoitenapraia.gal pódese consultar o procedemento-.

As incertezas sobre as medidas de limitación de aforos para os próximos meses fan que polo momento non se anuncien novas datas: a xira programarase de novo unha vez sexa posible ver cheos os teatros e auditorios de Galicia. En calquera caso, a través da web e as redes sociais de Ainé Producións, así como a través das redes sociais dos artistas, comunicaranse todas as novidades.

Artigo anterior
Amazon Prime Video estrea a segunda temporada de ‘Pequeñas Coincidencias’
Artigo seguinte
Era visto! lanza un capítulo especial na rede sobre o coronavirus

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » A praia tardará un tempo en abrir