Levarán as súas investigacións máis sorprendentes a algúns dos teatros máis importantes de diferentes localidades galegas. As entradas (10 euros anticipada, 12 euros na taquilla) estarán á venda a partir da próxima semana tanto a través de internet como en distintos establecementos.

Curtis & Teixeiro

Non o podes perder! Trátase dunha conferencia na que os expertos investigadores Curtis & Teixeiro desvelarán as claves do terrorismo internacional, o programa secreto sexual dos partidos políticos, as gravacións secretas de Tejero horas antes do golpe de estado do 23F e, se dá tempo, tamén contarán a verdadeira historia de Noé.

A Illa de Arousa será a primeira parada de Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez nunha ruta coa que percorrerán media Galicia. O auditorio da localidade pontevedresa abrirá a xira o venres 15 de xaneiro. Dous días despois, visitarán Baiona, e xa a semana estarán en A Coruña, Sarria e Melide. Na última semana do mes, Lalín, O Barco, Cedeira e Noia pecharán a serie de conferencias destes curiosos investigadores.

A venda das entradas (10 € na modalidade anticipada e 12 € na taquilla) está xa activa na web de Ainé (agás para A Coruña e Noia), e desde a próxima semana en diferentes puntos de venda físicos por todo o país.

Se eras admirador de Mortadelo e Filemón, se seguías a Starsky  e Hutch, ou se che pareceron interesantes os detectives de La Isla Mínima ou True Detective, aínda non viches nada ata que escoites as investigacións de Curtis & Teixeiro.