Próximas datas para o “Monólogo do Imbécil”

O “Monólogo do imbécil”, o novo espectáculo de contacontos escrito e dirixido por José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, chega esta semana a Vigo e Cedeira.

tou

O texto, gañador do Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega, trata sobre Santi, alguén a quen todo lle sae mal…

Que fago eu aquí… como un imbécil? Esa é a pregunta que se fai o protagonista, quen procura comportarse coma os demais: ten ilusión por ir á escola, coma todo o mundo; por ter un traballo, coma todo o mundo e por casar cunha rapaza, coma todo o mundo. Pero sempre pasa algo que acaba deixándolle cara de parvo. É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E, ás veces, queda parvo mirando a ningures… así que un día decide mirar atrás na súa biografía para buscarlle sentido ás cousas e, para isto, remóntase ao momento mesmo da súa concepción e, aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado! Así, comeza a fialo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

Todoterreo do audiovisual galego

O actor culleredense é actualmente unha das caras máis coñecidas da televisión galega, co seu papel semanal no Land Rober. O humor en directo é o seu, e sobre o escenario Touriñán tamén se converte en Manolo Lojo, un dos seus monólogos máis solicitados. Ademais, en 2015, estrea xunto a Federico Pérez o espectáculo cómico ‘Curtis & Teixeiro’, e interpreta un dos personaxes protagonistas da comedia teatral de Javier Veiga ‘Amigos ata a morte’, compartindo elenco con Ledicia Sola e David Amor.

Próximas datas

Se estades interesados en ver o “Monólogo do Imbécil”, as próximas datas son este venres 6 en Vigo, e o sábado 8 en Cedeira. As entradas custan 3 euros e xa están á venda en Ataquilla e nos puntos de venda habituais.

Artigo anterior
Curtis & Teixeiro, en Negreira
Artigo seguinte
O “Monólogo do Imbécil” chega a Tenerife

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Próximas datas para o “Monólogo do Imbécil”