Touriñán inaugurará este sábado a I Feira Gastronómica do Porco en Silleda
O actor e humorista cullerdense será o encargado de presentar, este sábado ao mediodía, a primeira cita do ano cun dos grandes manxares en Galicia durante a época do inverno. O evento prolongarase durante dous días na localidade do Deza.

Silleda prepárase para acoller unha cita que quere quedar como fixa no calendario das festas gastronómicas en Galicia. A I Festa Gastronómica do Porco inaugúrase mañá cun convidado de excepción. Xosé A. Touriñán será o encargado de dar o pistoletazo de saída para o evento gastronómica, que durará ata o domingo.
Baixo o lema ‘Do porco cómese todo’, a organización ten previsto recibir a milleiros de persoas ao longo de toda a fin de semana nunha carpa habilitada para ocasión na que, ademais da actuación de Touriñán, non faltarán actuacións musicais a diferentes horas.
Na parte gastronómica, o recinto estará dividido en diferentes áreas nas que se poderán degustar, de xeito independente, todas as partes do porco, en racións a prezos populares tanto para xantar como para cear.
A presentación de Touriñán, que hai un par de semanas se reuniu cos organizadores para coñecer os detalles do evento, está prevista contra o mediodía.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


