‘Justo antes de Cristo’, a nova comedia de Movistar+ con Xosé Antonio Touriñán
O actor cullerdense estréase cun papel protagonista nunha ficción nacional interpretando a Agorastocles, un escravo dividido entre dar parabéns ao seu dono ou facer o posible para que impere o sentido común. Justo antes de Cristo é unha comedia dirixida por Borja Cobeaga e Pepón Montero que chegará a Movistar+ o 5 de abril.

Unha de romanos en clave de comedia. Julián López e Xosé A. Touriñán son Manio Sempronio e Agorastocles en Justo antes de Cristo, a nova comedia de Movistar +, dirixida por Borja Cobeaga e Pepón Montero.
Manio Sempronio é un verdadeiro neurótico precristián que deberá recuperar o bo nome da súa familia e a súa honra como membro da Lexión. O seu pecado: o asasinato dun senador. O prezo a pagar: a Lexión. Por isto deberá viaxar ata Tracia no campamento do Xeral Cneo Valerio, que interpreta César Sarachu. Agorastocles, o seu escravo persoal, acompañará ao patricio Sempronio nesta viaxe e coidará de que o seu señor entre en razón e controle a súa evidente tolemia.
Movistar+ estreará Justo antes de Cristo o venres 5 de abril, cunha primeira quenda de capítulos, que terán continuidade algunhas semanas despois. La Terraza Films é a produtora responsable dunha comedia que supón o salto definitivo do actor galego Xosé Antonio Touriñán á ficción nacional, logo da súa participación en series como Fariña ou Pequeñas Coincidencias.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


