Touriñán nunha imaxe promocional do monólogo 'Aquí Tou!'

Xosé A. Touriñán

PRÓXIMAS DATAS:

Xosé A. Touriñán

Actor, presentador, produtor e director, Touriñán conta con máis de 20 de anos de experiencia no audiovisual e no teatro.

O seus inicios no mundo da actuación remóntanse a 2002 con “Os dous de sempre”, dúo cómico formado xunto a Marcos Pereiro. En 2005 comeza a súa carreira na TVG, onde coas “Cantareiras de Ardebullo” no programa Luar consegue grande éxito de público. Desde entón, Touriñán convértese nun dos humoristas más recoñecidos de Galicia, protagonizando diversas series e programas de televisión.

Destaca a súa faceta sobre os escenarios, representando monólogos e obras de teatro. Colleita un enorme éxito xunto a Carlos Blanco con Somos Criminais (2018 – 2025) e cos espectáculos teatrais Fariña (2019), Recortes, caneos e outras formas de driblar (2022) e Corentena (2023), esta última xunto a David Perdomo. No ano 2022 debuta na dirección cinematográfica coa curtametraxe Nena. No 2024 pon o peche ao proxecto Somos Criminais coa súa última entrega: Somos Criminais e punto final.

PRÓXIMAS DATAS:

DESTACADOS

Corentena

corentena.gal

Touriñán e Perdomo levan aos escenarios os personaxes e historias que naceron nas conversas que mantiñan en directo por Instagram durante o confinamento de 2020.

Aquí Tou!

aquitou.gal

Nun dos seus monólogos máis persoais, o cómico fai un percorrido polos momentos clave do seu camiño vital, mesturando anécdotas propias con cultura popular galega.

FOTOS

VÍDEOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Artistas » Xosé A. Touriñán