Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán

Despois de pasar este ano por diferentes cidades do Estado, Xosé A. Touriñán continúa a súa xira fóra de Galicia. Zaragoza será a penúltima parada do percorrido en 2026, antes dunha nova función en Madrid o vindeiro mes de novembro.

Touriñán durante unha función en Madrid. Fotografía: María Simón

A xira estatal de Xosé A. Touriñán continúa en Zaragoza, cidade que acollerá o monólogo do humorista o vindeiro sábado 31 de outubro ás 20.00 h no Teatro de las Esquinas. A cita será unha das últimas oportunidades deste ano para velo fóra de Galicia, antes de regresar a Madrid o próximo mes de novembro.

Tras pasar por cidades como Madrid, Barcelona, Oviedo e Bilbao, Touriñán mantén o seu percorrido por diferentes escenarios do Estado cun espectáculo que combina humor, retranca e historias recoñecibles para o público. A seguinte función terá lugar o 13 de novembro no Teatro Arlequín de Madrid, ás 22.45 h, unha nova parada nunha cidade que xa forma parte habitual da súa xira.

O calendario continuará en 2027 con novas datas confirmadas. O 22 de xaneiro, o humorista regresará ao Teatro Arlequín de Madrid, cunha función ás 22.30 h, e ao día seguinte, o 23 de xaneiro, actuará no Teatre Talia de Valencia, ás 23.00 h. Máis adiante, o monólogo chegará a Santander o 27 de febreiro, cunha función ás 19.30 h no Teatro CASYC, e a León o 24 de abril, ás 20.30 h no Auditorio Ciudad de León.

Sobre o escenario, Touriñán constrúe un espectáculo baseado na proximidade, na palabra e na experiencia compartida co público. A través da mestura de realidade e ficción, revisita momentos da súa propia biografía, decisións, erros, referencias culturais e situacións cotiás que, desde o humor e a retranca, conectan coa memoria de todos e todas.

As entradas para as próximas funcións do monólogo están dispoñibles a través da web do humorista, touri.gal, onde se pode consultar tamén o calendario actualizado da xira.

Entrada anterior
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.