Ainé desenvolve a plataforma tecnolóxica Enxeñar coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica
Trátase dunha ferramenta que cambiará a forma en que as e os profesionais das artes escénicas se relacionan coas compañías, con acceso á información máis útil sobre procesos administrativos, de produción, promocionais, de seguridade no traballo e para a conexión con outros profesionais.
Ainé avanza durante este 2024 na dixitalización dos seus procesos co desenvolvemento da plataforma tecnolóxica Enxeñar. O proxecto conta cunha subvención de preto de 20.000 € do Instituto Galego de Promoción Económica da Xunta de Galicia, e foi executado por diferentes profesionais e empresas desde o pasado mes de novembro.
Trátase dunha completa ferramenta dixital que a partir do próximo curso comezarán a empregar as e os profesionais que traballan nos proxectos de artes escénicas que promove Ainé, e que permitirá unha relación máis cómoda e áxil coa produtora, tanto no que ten que ver coas xestións administrativas (contratos, facturas, nóminas), de produción (follas de ruta dos distintos espectáculos ou viaxes), ou de seguridade no traballo (formación, avaliación de riscos…).
A plataforma conta ademais cun apartado que favorecerá a interconexión de todo o sector, con ofertas de emprego, actualidade, ou normativa de interese.
Ainé foi beneficiaria da convocatoria de axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciada pola Unión Europea. O obxectivo principal destas axudas é o reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
O resultado que se pretende acadar é posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas ou entre dúas ou máis empresas galegas.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Oferta de emprego para a incorporación dun perfil auxiliar de produción
Con toda a temporada por diante, reforzamos o noso equipo de produción coa incorporación, a tempo completo e cun contrato indefinido, dunha ou dun auxiliar para traballar tanto no ámbito das artes escénicas e os espectáculos como no audiovisual.



