Desde os escenarios e para o público

Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.

A QUE ANDAMOS?

Corentena

Saímos de xira polos teatros no outono con este espectáculo nacido das conversas que mantiñan Perdomo e Touriñán por Instagram durante o confinamento. Unha hora de risas, personaxes xa clásicos e moitas novidades nacidas da improvisación e da boa sintonía entre os dous cómicos.

Entra en corentena.gal

Un ordenador portátil coa páxina de taboas.gal aberta no navegador

Táboas

Estreamos a versión dixital da nosa revista sobre artes escénicas en Galicia, que contará a finais de xaneiro co seu cuarto número en papel. Falamos do que pasa nos escenarios de todo o país con novos contidos cada semana.

Entra en taboas.gal
Merca a revista en papel

Lamatumbá

O grupo ourensán incorpórase ao noso catálogo nunha aposta decidida polos espectáculos en vivo. Lamatumbá son uns dos grandes renovadores da música galega, logo de recuperar as sensacións enriba dos escenarios no pasado verán, a banda suma esforzos con Ainé por seguir ampliando o seu público e abrir novos camiños.

Entra en lamatumba.gal

EN XIRA

Corentena

https://corentena.gal/

Touriñán e Perdomo levan aos escenarios as conversas que mantiveron en directo polas redes sociais durante o confinamento. Un espectáculo de improvisación no que rescatan algúns dos personaxes nacidos naqueles días.

Próximas datas
    • 18 Mai
    • Pontevedra
    • 26 Mai
    • Santiago de Compostela
    • 7 Xuñ
    • Ourense
    • 8 Xuñ
    • Lugo
Mercar entradasFicha do espectáculo

Aquí Tou!

https://aquitou.gal

Un monólogo moi persoal no que o cómico nos leva da man facendo un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Próximas datas
    • 1 Xuñ
    • Ribadeo
Mercar entradasFicha do espectáculo

VIDEOTECA

Descubre todos os contidos audiovisuais dos nosos proxectos e espectáculos.

Xosé A. Touriñán

Entre as pantallas e os escenarios, sempre coa idea de conectar co público. Comeza o outono xirando polos teatros galegos co seu monólogo Aquí Tou! e xunto a David Perdomo con Corentena.

O ÚLTIMO NO CADERNO

A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.