O xoves 29 de setembro bota a andar o balón e dá comezo a temporada teatral con ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ un espectáculo de gran formato que producimos co Centro Dramático Galego.
Baseado en textos de Nacho Carretero, ‘Recortes’ conta coa dramaturxia de José L. Prieto e a dirección de Tito Asorey, responsables da exitosa adaptación de ‘Fariña’.
O espectáculo está protagonizado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta.