Bibopalula – O espectáculo · Estrea na Coruña
O 7 de xuño do 2025 estreamos na Coruña o espectáculo Bibopalula, no que a Banda do Bosque cobrou vida fóra da pantalla. Carpin, Robin, Pegui, Merli e a súa acompañante, Ava, recibiron unha misión encomendada polo Señor Moucho: atopar un misterioso tesouro. Foi unha tarde na que o público desfrutou, guiado pola dirección e o texto de Marta Lado e a interpretación de Lidia Veiga.