Amoriños · Vídeo Promocional
Xosé A. Touriñán e David Perdomo regresan ás táboas esta primavera, nunha xira que percorrerá os auditorios e teatros de todo o país.
Un espectáculo de citas imposibles, paixóns desatadas e personaxes que, por lóxica, nunca deberían atoparse… pero acaban facéndoo igualmente.
O humor salvaxe convive coa emoción e coa improvisación. En cada encontro aparecen as contradicións, as expectativas, os medos e os desexos que atravesan o amor en todas as súas formas: o romántico, o ridículo, o incómodo, o que doe e o que fai rir de nós mesmos.